
Durante os catro días de duración de cada un dos cursos, emitirase en un capítulo do video documental realizado para a ocasión cos contidos de cada un deles seguido dunha explicación e resolución de dúbidas (titorización) polo técnico experto a través de videoconferencia. Neste momento, hai en total xa máis de 340 persoas inscritas (155 no curso de creación de videoxogos, 101 no de creación de webs para móbiles, e 89 no de streaming de audio e video). Os interesados poden reservar a súa praza a través da web do CeMIT, ou do número de teléfono, 902 222 321.
O primeiro en celebrarse será o curso de creación de videoxogos (30 horas), que se desenvolverá a partir do 26 de setembro; o seguinte será o de creación de webs para móbiles (30 horas), a partir do 24 de outubro; e por último, o curso de streaming de audio e video (30 horas) que se impartirá a partir do 21de novembro.
A Xunta de Galicia puxo en marcha o Programa de Formación 2011 da Rede de Centros para a Modernizacón e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) a través do cal se imparten durante este ano en 89 concellos galegos máis de mil cursos gratuítos cunha asistencia estimada de 10.000 alumnos. As aulas CeMIT acollen no marco deste Programa Formativo cursos gratuítos relacionados co sector audiovisual e multimedia desenvolvidos pola Secretaría Xeral de Medios a través do Centro Multimedia de Galicia (CMG) nos que participaron dende o mes de marzo máis de seiscentas persoas.
O Centro Multimedia de Galicia vén realizando dende o ano 2000 Programas de Formación co fin de actuar como elemento dinamizador dos sectores da sociedade relacionados coas tecnoloxías multimedia e audiovisual. Agora, xa integrados na Rede CeMIT, dende o CMG preténdese seguir familiarizando á sociedade galega neste sector optimizando os recursos e infraestruturas dos concellos.
Xunto cos cursos impulsados pola Xunta de Galicia, o Plan de Formación 2011 prevé a adhesión de entidades colaboradoras, que poden empregar as instalación da Rede CeMIT para a difusión dos seus propios proxectos en materia de novas tecnoloxías así como para desenvolver actividades formativas propias.
Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.
As aulas CeMIT achegan actividades de formación dixital a 59 concellos
Compartir Este Artigo
