
As vantaxes da Amazon Appstore non só son os controis que pasan a súas aplicacións, e a mellor organización do seu catálogo (se o comparamos ao Android Market), senón que tamén temos o feito de que cada día oferta unha aplicación de balde, á vez que tamén ofrece algunhas aplicacións en primicia (as entregas de Angry Birds chegan uns días antes a esta plataforma que á de Google).
Ao parecer, a ampliación xeográfica da Amazon Appstore podería responder ao lanzamento dun tablet por parte de Amazon, de xeito que facilitaría así a descarga de aplicacións para alimentar o seu novo dispositivo electrónico, para non limitar o futuro dispositivo ao acceso á plataforma de e-books Kindle.
A Amazon Appstore espállase internacionalmente
Compartir Este Artigo
