Esta mañá HTC presentou nun evento en New York o seu novo móbil de gama media HTC Rhyme, que sairá o vindeiro día 29 nos EE.UU. a través de Verizon Wireless, e que sería o terminal que hai uns meses coñecíase como o HTC Bliss (o terminal pensado para o público feminino). Temos así un móbil cunha estética moi coidada, con múltiples accesorios, e cunhas prestacións que, sen destacar, resultan máis que satisfactorias.
O HTC Rhyme funciona cun procesador Qualcomm MSM 8655 a 1 GHz, pantalla Super LCD de 3,7 polgadas, 4 Gb de memoria interna ampliada por unha tarxeta de memoria de 8 Gb, cámara de 5 Mpíxeles con gravación de vídeo a 720p (completada por outra cámara para videoconferencia) e sistema operativo Android 2.3.4 con HTC Sense 3.5.

Verizon vai comercializalo por 199 dólares cun contrato de permanencia de 2 anos e incluíndo todos os accesorios do móbil, descoñecéndose aínda as condicións nas que chegará a España (aínda que xa hai operadores europeos que confirmaron que terán o terminal no mes de outubro).
Breve repaso en vídeo das prestacións do HTC Rhyme
Un dos puntos fortes do HTC Rhyme son os seus accesorios

