
Xa que logo, AGESTIC convida a emprendedores e donos de empresas galegas tecnolóxicas, de Internet, de contidos dixitais ou start-ups galegas con proxección a que envíen as súas propostas á web oficial dos premios, onde xa hai rexistradas preto de dúas ducias de candidaturas.
A organización do concurso lembra, asemade, que ademais do recoñecemento, o prestixio, a repercusión e as maiores posibilidades de facer contactos e oportunidades de negocio, as empresas participantes poden optar a gañar un emblema e unha campaña de banners na RedTicos, a rede social e profesional do sector TIC.
Tal e como anunciamos en Código Cero a comezos de mes, esta segunda edición dos Premios INNOVA-G, inclúe sete categorías ás que aínda se poden presentar candidaturas; son as que seguen: Mellor start-up galega, Mellor emprendedor/a galego/a TIC 2.0, Mellor campaña social media, Mellor desenvolvemento 2.0, Mellor aplicación para dispositivos móbiles, Mellor deseño para todos e Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns.

Ese mesmo día desvelaranse, asemade, as dúas mencións de honra que os promotores e entidades de apoio concederán como novidade este ano; a primeira delas, a aquela entidade (asociación empresarial, sindicato, universidade, administración pública…) que realizase e realice un labor intensivo e frutífero de impulso da Sociedade de Información e, a segunda, a aquel proxecto, empresa, medio de comunicación, evento, blog… que colaborase e colabore na difusión das Tecnoloxías de Información e Comunicación dunha forma proactiva e facendo especial énfase en Galicia, nas súas empresas, entidades, produtos, servizos e/ou proxectos.
A entrega dos premios realizarase o vindeiro 14 de Outubro de 2011 en Santiago de Compostela, na Sala de Conferencias do Centro Social Novacaixagalicia.
Últimos días para participar nos Premios INNOVA-G 2011
Compartir Este Artigo

