
Coa posta en marcha e mellora dos CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) a Xunta de Galicia pretende dotar ós veciños dun espazo aberto de comunicación que se configura como un vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade autónoma, convertendo este aula nun servizo apropiado para familiarizar á cidadanía coas canles e soportes audiovisuais e multimedia facilitando o acceso de balde á Internet e conseguindo a alfabetización dixital.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, na súa intervención, asegurou que «o goberno galego está a cumprir co compromiso adquirido coa cidadanía, que non era outro que o de contar cunha aula de Modernización e Inclusión Tecnolóxica a menos de trinta minutos da residencia de cada galego/a e acadar unha aula avanzada. A Rede CeMIT é unha realidade. Ao rematar este ano haberá en funcionamento 96 aulas en 91 concellos de Galicia», ao que engadiu que «xuntando esforzos, entre administración autonómica e local, realizáronse cursos de arte floral, de taichí, de automaquillaxe, cursos de multimedia e audiovisual, alfabetización dixital, xornadas de traballo con outros países para explotar liñas comerciais, encontros entre emigrados e os seus parentes galegos».
A Xunta de Galicia achega a Verín o 80% do custo da persoa contratada como axente TIC e conseguiuse que practicamente todas as aulas teñan contratada unha persoa responsable de mobilizar á cidadanía para que faga uso das instalacións e dos sistemas tecnolóxicos contando para iso cos servizos de apoio técnico da Xunta de Galicia.
Amplían a aula CeMIT de Verín
Compartir Este Artigo
