O reitor da Universidade da Coruña (UDC), José María Barja, e o director xeral de Coremain, Manuel Balseiro, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre ambas entidades que permitirá que os alumnos do Grao en Enxeñaría Informática poidan realizar prácticas profesionais na firma compostelá.
O reitor amosou esta mañá a súa satisfacción tras o acto de sinatura deste convenio que achega os coñecementos adquiridos nas aulas universitarias ás demandas profesionais reais, ás que se terán que enfrontar os estudantes unha vez finalizada a súa estadía no campus. Pola súa parte, o director Xeral de Coremain resaltou a formación dos estudantes saídos da Facultade de Informática do Campus de Elviña e que esperaba seguir contando con estes profesionais.
Os estudantes en Informática da UDC poderán facer prácticas en Coremain
Compartir Este Artigo
