O operadores móbiles virtuais están a gañar moitos clientes aos operadores tradicionais, pero en vez de apostar pola subvención de terminais, optan por promocións máis imaxinativas, como Yoigo, que a partir de outubro permitirá que calquera persoa que faga unha portabilidade a contrato Yoigo con só SIM sen permanencia nunha tenda física poderá liberar o seu móbil doutra compañía totalmente de balde grazas a un servizo prestado por doctorSIM.
A compañía tamén mellorará a súa tarifa do 6, cun consumo mínimo de 19 euros, pois os que se dean de alta con tal tarifa en outubro acadarán de balde o Bono 8 de Internet, que inclúe 500 Mbytes para navegar dende o teléfono mentres se manteñan ambas tarifas.
Para os usuarios que desexen navegar dende o ordenador tamén dan 3 meses de balde no contrato Internet para Llevar 8 (ofertando un modem USB HSPA+ por só 9 euros sen compromiso de permanencia) e achegando os modems Huawei E367U-2 e ZTE MF668A por 0 euros de asinar unha permanencia de 18 meses na tarifa Internet para Lleva 8.
Os usuarios que porten o seu número a Yoigo poderán liberar o seu anterior móbil de balde
Compartir Este Artigo
