
Javier Guerra, que visitou as instalacións de Insa, unha das empresas punteiras do sector a nivel europeo que emprega a máis de 120 persoas en Pereiro de Aguiar, asegurou que a aposta de Economía e Industria pola investigación, o desenvolvemento e a innovación queda patente en acordos como o autorizado hoxe polo Consello da Xunta co CDTI, que permitirá a mobilización de investimentos de máis de 60 millóns de euros en grandes proxectos de I+D+I vinculados á iniciativa privada.
A Consellería de Economía e Industria mantén como unha prioridade o desenvolvemento das TIC nos principais sectores estratéxicos da economía galega, a prol do desenvolvemento cunha contorna económica innovadora e competitiva. Neste sentido, o Plan Galego de Investigación, Innovación e Desenvolvemento, i2C, prioriza o sector TIC como unha actividade con grandes perspectivas de crecemento, que ademais pode contribuír a impulsar o crecemento do tecido industrial e produtivo galego.
Economía e Industria confía no sector TIC para a dinamización do tecido empresarial galego
Compartir Este Artigo
