
A pesar de que a nube conta con vantaxes de flexibilidade económica, inmediatez e escalabilidade, han de considerarse con máis atención os aspectos relacionados coa seguridade, a integridade da información, a legalidade e a xestión do cambio que hai que abordar para a adopción deste paradigma. E hai que engadir, ao control habitual de TI, a xestión dos provedores específicos das solucións en cloud.
Tal e como sinala Ramón Ares, Director Xeral de Ozona Consulting «a LOPD ou as normas de información do Banco de España marcan fronteiras que afectan o uso de cloud computing. Isto supón que sexan uns regulamentos moi axustados para determinados sectores e algo máis liviáns a nivel xeral. O investimento realizado pode supor que calquera análise que non achegue beneficios económicos non conseguirá pór en marcha as iniciativas por moi útiles e funcionais que estas sexan».
Para Ozona, un elemento a ter en conta de maneira singular refírese á análise de retorno. Cando un servizo cloud vai substituír ou vai complementarse cun servizo provisto de maneira tradicional, é importante ter en conta que as infraestruturas que soportan estes servizos han de ser amortizadas.
Así mesmo, á hora de elixir un provedor, é necesario coñecer cales son os sistemas de seguridade que ofrece con respecto aos datos da compañía. Por iso, desde esta compañía defenden a necesidade de dispor dun intermediario que proporcione unha análise previa do impacto do novo modelo nas áreas críticas é básico para ofrecer a seguridade adecuada ás aplicacións.
En todos os casos, para que a adopción á tendencia do cloud computing sexa o máis eficiente posible, desde Ozona apostan por contar con integradores que analicen que servizos poden ser levados a un modo cloud computing para que a organización coñeza cales son os beneficios e os principais inconvenientes da posta en marcha dun proxecto de computación na nube.
Recomendan ás empresas tomar certas cautelas á hora de achegarse ao cloud computing
Compartir Este Artigo
