A chegada do iPad ao mercado viña acompañada por unha aplicación, iBooks, que integraba unha tenda de libros electrónicos, a iBookstore, que inicialmente tiña unha importante carencia de contidos en español, posto que limitaba o seu catálogo a obras libres de dereitos de autor e manuais da compañía da mazá, o que veñen de solucionar abrindo edición española da tenda electrónica, grazas a acordos con grandes editoriais como o Grupo Planeta, Random House Mondadori e incluso as editoriais adheridas a Libranda.
Entre as obras que podemos atopar agora na iBookstore destacan ¡Indignaos! de José Luis Sampedro, Aleph de Paulo Coelho, La Caída de los Gigantes de Ken Follet ou El Color de la Magia de Terry Pratchett, o que supón unha oferta na que os bestsellers non están ausentes como era o habitual no soporte electrónico en España, no que parece un anticipo do que será a apertura da plataforma Kindle en España por parte de Amazon nos vindeiros meses.
No tocante aos prezos, cómpre destacar que na iBookstore as obras figuran aos mesmo prezo que noutras plataformas en liña, o que tampouco resulta sorprendente por ser un elemento regulado por lei en España. Por fortuna, antes da adquisición de cada obra é posible descargar unha mostra para suplir a posibilidade que habitualmente temos nas tendas físicas de ollar un texto antes da súa compra.
Apple estrea en España a súa iBookstore
Compartir Este Artigo
