O pasado sábado durante a celebración do Foro Unirede, Fidel Martín presentou en sociedade a tenda en liña Saboresgalegos.com, que este martes abriu oficialmente as súas portas virtuais, de xeito que facilitan a adquisición de produtos galegos que perseguen destacar pola súa calidade e a súa orixe (non venden torta de améndoa, senón torta de Santiago), entre os que hai dende viños e licores ata pan e empanadas elaboradas baixo demanda, garantindo a frescura dos produtos.
A carne, o queixo, o peixe e o marisco non faltan nesta nova plataforma de venda en liña, que no caso de produtos frescos opta lo servizo de envío SEUR frío, garantindo así a recepción dos produtos fríos de porta a porta. As compras realizadas antes das 12:00 horas chegarán nas seguintes 24 horas (en caso contrario, chegarán en 48 horas).
A tenda en liña acepta pagamentos seguros a través dunha plataforma subministrada por La Caixa ou por PayPal, aceptando tamén a transferencia bancaria como método de pagamento, flexibilidade que agradecerán os que queiran gozar de produtos de Galicia dende calquera lugar de España.
Saboresgalegos.com ofrece os mellores produtos de alimentación de Galicia a través da Rede
Compartir Este Artigo
