O lanzamento do Kindle Fire leva a Amazon a incrementar as posibilidades dos e-books á venda na súa plataforma dixitalOs libros electrónicos en formatos como o ePub están baseados en HTML, pero agora que Amazon vai comercializar un tablet, decidiu evolucionar o seu formato para Kindle, presentando o Kindle Format 8 (KF8) que contaría con soporte de HTML5, para permitir o uso de CSS3, deseños fixos, tipografías incrustadas, elementos flotantes, texto en imaxes de fondo, listaxes, táboas aniñadas, gráficos vectoriais… o que incrementará considerablemente as posibilidades de creación, posibilitando o desenvolvemento de libros infantís vivos, comics, documentos técnicos ou incluso libros de cociña. Este formato atendería a necesidade de aproveitar o potencial dos dispositivos que van máis aló dos lectores baseados en tinta electrónica, de xeito que non habería que recorrer a aplicacións para poder achegar contidos enriquecidos, e facendo que os produtos dispoñibles na plataforma Kindle poidan ir moito máis aló que os soportes tradicionais.