
Segundo apunta a asociación galega, a importancia destas axudas é especialmente salientable, e máis se temos en conta que se dirixen a facilitarlles ás empresas o acceso a acreditacións que avalen o seu bo facer. Estas certificacións, sinala, convertéronse nun valor engadido no sector TIC, o que as fai imprescindibles para a competitividade das empresas, “pois tanto as administracións como os clientes valoran ou incluso esixen que os seus provedores encontren certificados nalgunha das normas ISO”. A ISO 20000 certifica que a empresa en cuestión ten capacidade de abondo como para satisfacer as necesidades e expectativas dos seus clientes en servizos do eido tecnolóxico-dixital. A ISO 15504, pola súa parta, avala a capacidade e madurez dunha compañía en materia de desenvolvemento e mantemento de software. Coa subvención obtida tíranse abaixo unha serie de barreiras, sobre todo tipo de económicos, para acceder a este tipo de recoñecementos. As empresas galegas que se inscriban nestas iniciativas poden asistir á presentación do proxecto o vindeiro 29 de novembro no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, CNTG, en Santiago. Ao acto acudirán representantes de AENOR (a entidade que emite os certificados), Start Up e AGESTIC, e contará tamén coa presenza de diversos representantes da Secretaría Xeral de Modernización.
AGESTIC informa de dúas axudas para que 34 empresas do sector TIC acaden certificacións ISO
Compartir Este Artigo
