
Segundo nos contan dende a web de EGANET, asociación na que se integra a tenda en liña, a iniciativa xurdiu co obxectivo de introducir un pouco de orixinalidade nesa aburrida paisaxe que é a dos regalos de Nadal, con esta teima que temos de levar garabatas e perfumes a quen probablemente estea farto de ámbalas cousas. A clave disto, informan, está nas Tarxetas Agasallo que PéZcalo pon á venta na súa web con prezos que oscilan entre os 30 e os 130 euros e que os compradores poderán recibir ben por email, ben por correo certificado. A caducidade das mesmas é dun ano, o que deixa un tempo moi razoable para que o pescador ou pescadora pense ben por que produto quere cambiala.
A campaña parte dun reto importante a ter en conta: chegar ás familias dos seareiros da pesca, cousa que, por específica, non semella doada. Para solucionalo, dende PéZcalo puxeron en marcha un sistema de divulgación baseado en correos electrónicos e uso de redes sociais mediante o cal a persoa potencialmente agasalladora pode comunicarlles aos familiares ou amigos, a través da empresa, a opción de mercar unha das devanditas tarxetas, “aforrando deste xeito o comprometido trámite de ter que manifestar a nosa preferencia ou o risco de obter un agasallo que non nos guste”.
Vídeo promocional da campaña
PéZcalo pon en marcha unha campaña para facilitarnos o enleado trámite do agasallo de Nadal
Compartir Este Artigo
