A tenda de pesca deportiva PéZcalo abre as súas portas virtuais
martes, 5 de xullo do 2011
A primeiros de
anos soubemos que Javier Sousa e Iván Fociños estaban a
desenvolver unha páxina web de artigos de pesa deportiva chamada PéZcalo,
que buscaba converterse en referente do mercado á vez que ofrecer contidos
sobre o seu sector, proxecto que durante estes meses puido seguirse a través dun blog, en
marzo deu os
seus primeiros pasos a través dunha tenda en Facebook e acadou o apoio
de Xes-Innova (cunha achega de 100.000 euros), pero agora chega á súa primeira
meta ao estrearse oficialmente na web dende
PéZcalo.es.

- Iván Fociños e Javier Sousa, fundadores de PéZcalo
Este proxecto nacido na Costa da Morte bota a andar asà con forza, cun cadro de
persoal de 6 traballadores a tempo completo e 3 a tempo parcial, que segundo o
seu socio xerente, Javier Sousa, ten como obxectivo non só «ser a mellor tenda en liña de produtos de pesa, senón ser o mellor
sitio de pesca do mercado español», asegurando sen complexos que «queremos ser o Barrabés da pesca». Pola
súa banda, Iván Fociños engadiu que «non
se trata só de vender, queremos gustar, crear comunidade, compartir
información, que cada visita sexa para os nosos clientes unha experiencia memorable»,
e precisamente por iso, PéZcalo conta, entre outros contidos, co blog Coto de PeZca no que recollen novidades
do sector, as últimas tendencias en pesca deportiva, trucos e consellos dos
expertos.
PéZcalo conta ca cun catálogo con máis de 6.000 referencias, acepta os
principais métodos de pagamento e destaca por permitir que para pedidos de máis
de 150 euros poida empregarse un sistema de pagamentos a prazos a
través de Cofidis. Os produtos chegarán á casa do comprador en menos de 10
dÃas, podendo o usuario elixir o momento do reparto e coa posibilidade de mudar
o enderezo ou a hora de entrega a través dunha SMS.
Para fidelizar aos seus clientes PéZcalo conta cun Club Pezcalero, que
servirá para que cada compra acumule descontos e no caso de insatisfacción cos
produtos recibidos poderán realizarse devolucións de balde (facendo uso dun moedeiro
virtual nesta plataforma).
Para celebrar a inauguración de PéZcalo.es, veñen
de estrear un vÃdeo promocional deste proxecto galego de comercio
electrónico que busca reflectir asà a súa filosofÃa corporativa.
VÃdeo promocional de PéZcalo
