A primeira edición do Encontro Alalanta celébrase este venres 16 de decembro, da man de Woman Emprende, cun obxectivo ben claro: pór de manifesto que o mercado actual achega unha listaxe infinita de oportunidades para mulleres emprendedoras e que hai unha liña de actividade empresarial, cada vez máis potente, ampla e innovadora, que está a ser dirixida, coordinada, promovida e impulsada única e exclusivamente por mulleres. Isto aféctalles a tódolos sectores pero semella implicar a un especialmente: o sector das novas tecnoloxías da información. Así nolo certifica o feito de que unha boa parte das relatoras que falarán no evento (a celebrar na Aula Magna da Facultade de Matemáticas de Santiago) sobre as súas experiencias de mercado teñan entre mans proxectos TIC.
Por exemplo Patricia Araque, cofundadora de Ellas 2.0, que achegará a súa visión dos negocios Internet, opcións de emprendemento económico e con futuro. Asemade, intervirán, Sandra Amezaga, fundadora de Exquisitec.es, Pilar Ónega, creadora de Personaswip, ou Ana Paula de Felipe, impulsora de The Interactive Cell (novos xeitos de emprender e achegar coñecemento dende a aula). As sesións darán comezo ás 9.15 horas, coa intervención do reitor e máis da decana de Facultade de Matemáticas. A continuación, virá a conferencia de apertura con Olga Pizarro, do Centro de Estudos Empresariais da Muller, da Universidade do Desenvolvemento, Chile.
O encontro Atalanta que se celebra este venres amosará o pulo da muller galega no eido TIC
Compartir Este Artigo
