
2011 demostrou ser un ano moi dinámico, con multitude de portabilidades e unha ganancia neta de 1.554.351 liñas (un 3,4% máis que en 2010), mentres que a banda ancha fixa captou 526.080 altas netas á vez que a telefonía fixa retrocede por 4º ano consecutivo (correspondendo o 75% destas liñas a empresas). En materia de caídas, tamén están as liñas móbiles dedicadas exclusivamente a datos (o que parece consecuencia do feito de que a meirande parte dos móbiles ofrezan a posibilidade de facer tethering).
No tocante ás potabilidades móbiles temos que en 2011 Movistar perdeu 726.701 liñas (fronte ás 220.912 de 2010), Vodafone perdeu 162.340 liñas (mellorando as 573.389 de 2010) e, pola contra, Orange e Yoigo gañaron 330.749 e 395.876 liñas mediante portabilidades, mentres que os operadores móbiles virtuais tiveron que conformarse con captar 162.416 liñas acumuladas. Cómpre destacar que neste último apartado figura nun digno 4º posto o servizo de telefonía móbil de R, que a través das portabilidades gañou 28.860 liñas en 2011, sendo só superada por Pepephone, Jazztel e Ono, e superando por máis de 12.000 liñas a Simyo.
O informe da CMT cifra o número de liñas móbiles en España ao peche de 2011 en 58.700.086, das que 2.510.608 corresponderían a comunicacións entre máquinas, categoría emerxente que rexistrou un incremento interanual do 17,9%, e que segundo certos analistas, en poucos anos superará ás liñas móbiles persoais.
2011 rematou con 1,5 millóns de liñas móbiles máis
Compartir Este Artigo
