
E todo da man dunha rede social que é galega de principio a fin (toda ela escrita na nosa lingua), que conta cun código propio creado totalmente dende cero e que xa foi cualificada como a primeira rede social de especialización territorial en España. Ao longo do vieiro percorrido non houbo axudas nin apoio institucional, ao que cómpre engadir a falta de compromiso dos medios de comunicación, preocupados como estamos as máis das veces de valorar o que fan outros, en troques de promover o de aquí, como sería xusto e natural. Precisan máis apoios por parte dos novos comunicadores e os representantes da nosa cultura dixital, sinalan dende Cabozo na exhaustiva entrevista que ofrece Galicia Confidencial, na que tamén se achega, unha completa listaxe das cousas beneficiosas para a saúde humana que extraen cada día de Cabozo os seus usuarios: liberdade absoluta para entrar e saír, ausencia de filtracións e de malos usos dos datos, control real e total sobre o que se comparte na web, posibilidade de eliminar contidos que non se desexa que sexan visibles e de administrar totalmente o muro ou os grupos dos que somos creadores, etc.
Detrás de Cabozo, lémbranos o dito medio, están Antonio Mariño (Viveiro,1976), informático residente en Alemaña, onde actualmente traballa para Siemens; e Ángel Folgueira (Santander, 1976), residente en Lugo, especialista en dirección de recursos humanos e relacións laborais, e en xestión da presenza online empresarial.
A rede galega Cabozo dá acubillo xa a arredor de 7.000 usuarios
Compartir Este Artigo
