
Os usuarios que poidan acollerse a esta promoción a partir do vindeiro día 1 de marzo poderían gozar das seguintes modalidades de contrato de telefonía móbil: – tarifa mini+internet: por 7,2 euros/mes terán 500 Mbytes de datos, chamadas a 4 céntimos minuto e mensaxes de texto a 9 céntimo. – tarifa plana 24h 150: por 15,2 euros/mes terán 500 Mbytes de datos, 150 minutos en chamadas as 24 horas e 100 SMS de balde. – tarifa plana 24h 350: por 23,2 euros/mes terán 500 Mbytes de datos, 350 minutos en chamadas as 24 horas e 100 SMS de balde. – tarifa planas 24h 750: por 39,2 euros/mes terán 500 Mbytes de datos, 750 minutos en chamadas as 24 horas e 200 SMS de balde. – tarifa plana 24h 1500: por 63,2 euros/mes poderán gozar de 2 Gb de datos,1.500 minutos en chamadas e 500 SMS de balde.
A todos estes prezos habería que engadirlles o IVE correspondente.
Cómpre lembrar que R vai dobrar o tráfico de datos incluído coas súas tarifas móbiles a partir do 1 de marzo, e que os clientes que tamén teñan os servizos de telefonía fixa e internet contratados con R poderán sumar un desconto de 6 euros/mes na cota do seu combo, engadindo atractivo a esta nova promoción.
R premia cun 20% de desconto aos clientes que non renovan o seu móbil
Compartir Este Artigo
