O estudo galego Moonbite Games, proxecto de Continental Producciones coa colaboración de Alia 3D e Paralaxe, tras o éxito de aplicacións coma My Fireplace, está a desenvolver o xogo Zom’beer, pero non é o único proxecto da compañía, que sorprende coa elaboración dunha novela gráfica para iPad titulada Grial e na que narrarán unha aventura épica tinguida de fantasía e inspirada nas lendas do Camiño de Santiago.
Grial ten por protagonista a Octavio, un cabaleiro na busca de Compostela, que atopará na súa viaxe amigos e inimigos, nunha aventura que rematará cun descubrimento que cambiará a historia.
Na páxina web de Moonbite xa podemos ver varias ilustracións da obra feitas por Lorena Conde e o detalle de que contarán coa colaboración de Costa Oeste Producións, que xa colaborarán con Continental para levar a iOS os comics de Miguelanxo Prado.
Nas páxinas de La Voz de Galicia tamén engaden que este novo cómic para dispositivos portátiles de Apple vai dirixido ao consumidor de videoxogos de fantasía e rol e o proxecto, aínda que nacerá como cómic interactivo, pretende converterse nunha curta de animación interactiva para videoconsolas.
Moonbite Games prepara un cómic interactivo ambientado no Camiño de Santiago
Compartir Este Artigo
