
No caso de querer acceder ao número telefónico dende o PC o proceso é sumamente doado, pois chega con visitar dende o mesmo a páxina teléfono web R (ou instalar unha aplicación dispoñible na mesma páxina web), mentres que dende smartphones é preciso instalar unha aplicación compatible, recomendándose dende R a solución de VoIP Bria, dispoñible tanto para iPhone como para Android (de pagamento en ambos casos), recomendándose o seu uso con conexións Wi-Fi para poder empregar o servizo de voz coa debida calidade.
O nome comercial deste servizo é fixo no PC e ten un custo mensual de 2 euros + IVE, o que claramente compensará a quen realice habitualmente chamadas a teléfonos fixos en mobilidade, queira aproveitar os seus minutos de chamadas a móbiles de balde dende fóra do fogar ou viaxe ao estranxeiro. Amais, o servizo non ten compromiso de permanencia, polo que pode contratarse cando se desexe (por exemplo, antes saír de vacacións ou dunha viaxe) para poder aproveitalo só cando sexa preciso.
R permite levar o teléfono fixo no PC ou no móbil
Compartir Este Artigo
