Ao abeiro dunha demanda crecente de información sobre a actividade produtiva (que tantas alegrías dá a algúns e tantas preocupacións a outros), xornais especializados como Economía Dixital, cabeceira catalá de referencia no Estado sobre a comunicación de mercados e empresarial, están a experimentar un salientable proceso de espallamento. Ademais, dase a circunstancia de que este espallamento é en boa medida dixital, vertente en liña vai ter compoñente galego. Falamos da posta en marcha dunha nova edición na Rede galega, unha publicación bilingüe con información específica sobre a cuestión económica do ámbito autonómico.
A achega comunicativa vén da man da xornalista Cristina Díaz, quen, dende A Coruña ocuparase da coordinación contidos da edición local coa redacción central de Economía Dixital, segundo informa o propio medio catalán.
O proxecto, engádese, foi impulsado de xeito conxunto cun grupo empresarial galego reunido na sociedade Investimentos Representados Digitales, SL.
“A nova edición”, salienta Economía Dixital, “completará a oferta informativa do diario que se edita desde Barcelona (en castelán e catalán) dirixida ao conxunto de España, así como a edición valenciana, á que se incorpora o xornalista Carlos Aguiló; asemade a empresa editora é tamén a cabeceira do diario dixital turístico 02B”.
O xornal catalán Economía Dixital lanza unha edición galega
Compartir Este Artigo
