A xornada Solucións de Mobilidade Urbana organizada a semana pasada en Madrid, da man da Cámara de Comercio Alemá para España, serviu entre outras cousas para atopar solucións que faciliten a carga inmediata dos vehículos eléctricos urbanos dun xeito eficaz. Unha das solucións foi achegada pola compañía Klaus Multiparking, que amosou as vantaxes do seu servizo e-Parking, un sistema de carga que se pode instalar en tódolos aparcamentos intelixentes e cuxo control se apoia directamente no móbil.
Segundo fixo saber a empresa madrileña no transcurso da xornada, o obxectivo, tendo en conta que o número destes vehículos aumentará en España cara as 50.000 unidades en 2014, é anticiparse a este crecemento facilitando aos usuarios o proceso inevitable de buscar carga e xestionala do mellor posible. Os condutores, informa a empresa, poderán acceder ao dispositivo usando un teléfono móbil. A través dunha chamada o número que aparece na pantalla (activación por código PIN) o usuario decidirá cando recargar o seu vehículo de xeito que teña toda a batería cando vaia empregalo e esta non se estrague mentres o coche está no aparcamento. A tecnoloxía en cuestión baséase nun chip de recoñecemento, controlado por un aparello de lectura. A facturación, sinala a empresa, poderá levarse a cabo a través de tarxeta de crédito ou de teléfono móbil.
Presentado o servizo e-Parking para cargar vehículos eléctricos coa axuda do móbil
Compartir Este Artigo
