Cando falamos de apps normalmente referímonos tanto ás aplicacións para dispositivos móbiles coma para Facebook, pero estas últimas, pese a ser moi populares, non parecían estar tan ben explotadas, e para corrixilo anuncian o lanzamento do App Center, unha nova tenda de aplicacións de Facebook, que funcionarán tanto na web como en iOS e Android, de xeito que facilitarán o acceso a numerosas aplicacións que incluso poderán ser de pagamento.
As aplicacións poderán executarse directamente dende Facebook, aínda que nalgún caso tamén será posible que precisen de instalación en terminais móbiles, polo que remitirá ao usuarios á App Store ou a Google Play.
Haberá que agardar unhas semanas para ver o que realmente ofrecerá esta tenda de aplicacións que destacará pola súa vocación multi plataforma, e que polo momento ofrece unha aparencia moi semellante ás actuais tendas de aplicacións móbiles, polo que entendemos que o máis importante para o seu éxito serán os produtos que a nutran. Cómpre destacar que as aplicacións no App Center poderán ser tanto as tradicionais aplicacións de Facebook como as aplicacións móbiles e webapps que indentifiquen aos usuarios mediante Facebook (e pasen certo filtro de calidade).
Facebook anuncia unha tenda de aplicacións de seu
Compartir Este Artigo

