
EGANET estará na devandita a través do seu presidente, Víctor López, que falará nunha mesa redonda sobre os beneficios e vantaxes que tería o devandito dominio para a nosa cultura e para as nosas actividades empresariais (distintivo e selo de marca). Á súa beira estarán o subdirector de Código Cero e tesoureiro de PuntoGal, Marcus Fernández, o presidente da Fundació PuntCat , Jordi Iparraguirre, e outros representantes do sector TIC que apoian e traballan neste proxecto de dominio galego. Haberá tamén presenza institucional a través da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), que igualmente se involucrou coa iniciativa PuntoGal co apoio do Consello da Xunta.
Como dixemos, a mesa redonda xirará arredor das posibilidades e vantaxes que un dominio propio abriría no sector empresarial das TIC, na sociedade e na cidadanía do noso país. Segundo informa EGANET reflectindo información da asociación, as cifras de adhesións e apoios que manexa a asociación son altamente esperanzadoras e un dos puntos fortes da candidatura, con 110 entidades adheridas de diversos ámbitos: as tres universidades galegas, o Consello da Cultura, a RAG ou 20 centros de emigrantes galegos afincados tanto noutros puntos do Estado como en diversos países (Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina, Estados Unidos, Uruguai, Brasil…). Para darlle o último pulo, máis de 12.000 persoas asinaron a petición virtual de apoio.
EGANET confirma a súa participación na presentación do proxecto para acadar o .gal
Compartir Este Artigo
