As principais operadoras que traballan no eido estatal presentaron esta semana unha aplicación móbil, Protexe á nenez, destinada a aparellos móbiles e dirixida, como o seu propio nome indica, a denunciar a presenza de pornografía infantil nas redes. O servizo, que é de uso doado e anónimo, permitiralles aos seus usuarios enviar datos acerca dos contidos da devandita natureza que poidan atopar no transcurso dunha navegación pola Internet co uso de teléfonos intelixentes ou tablets.
A aplicación foi desenvolvida coa axuda de Protégeles e xa se pode descargar de balde nos establecementos en liña dedicados a este tipo de ferramentas móbiles e, tamén, dende a páxina da devandita organización de defensa da nenez. O seu funcionamento é o seguinte: unha vez remitida a denuncia, esta ONG comprobará a natureza do contido e, de ser finalmente ilegal, comunicarllo ás autoridades policiais e máis á organización INHOPE, unha entidade internacional que dá acubillo e centraliza diferentes liñas de loita contra os abusos a nenos da Unión Europea e outros países.
As operadoras presentan unha aplicación para perseguir a pornografía infantil
Compartir Este Artigo
