
Así nolo contan os responsables da nova publicación dixital: “En Galicia temos campo, bosque, monte e carballos, rías, illas, praias, vento e choiva. (…), pero sobre todo temos enchufismo e humor, moito humor”. A web ata fai mofa do intre xusto no que se pon en marcha: “Vale que non sexa o mellor intre para comezar, con isto da crise, pero a nós gústanos o humor e rir por enriba das nosas posibilidades”.
O equipo de redacción tamén ten o seu. De feito, está comandado polo mesmísimo presidente da Deputación (Euler) e conta cunha nutrida escolma (non arbitraria) de xente elixida a dedo: Sabela Arias, Boli Bic, Xoán Andrade, Eva Domínguez, Barón Rojo e Pepe Mansilla. A revista en liña tómalle o pulso á actualidade con retranca e cun aquel de canle informativa que confirma que, en ocasións, o punto de vista do humor é máis informativo que o punto de vista obxectivo do xornalismo en sentido estrito. De feito, as tiras cómicas que se achegan estes días dende a web son unha crónica a pé de rúa e de primeira man, das consecuencias que está a ter a crise na nosa terra. Iso si, con humor.
A crise e a corrupción, no punto de mira dunha nova revista dixital galega: Enchufados
Compartir Este Artigo
