O Centro Demostrador TIC de Galicia segue adiante cun programa de actividades que son, como o propio nome do centro indica ben ás claras, unha oportunidade para visualizar a teoría e a práctica das ferramentas tecnolóxicas galegas ou de ferramentas externas de interese para as galegas. Neste último ámbito insírese a Sesión demostradora de Solucións de Virtualización que se celebra o vindeiro 14 de xuño en horario de 11.00 a 12.45 horas, a cargo da multinacional Bull. O seu obxectivo: amosar as últimas solucións de virtualización (metodoloxías para axilizar os procesos dunha empresa a través da nube) de cara a rendibilizar e optimizar rendibilidade e aforro.
Asemade, Bull exporá casos de éxito de integración de ferramentas de seu no camiño de asegurar o rendemento de sistemas críticos para o funcionamento dunha organización. A sesión, dirixida sobre todo a responsables en informática de empresas con demandas tecnolóxicas nos eidos das redes e a xestión, estruturarase arredor dos seguintes contidos:
· 11:00 Presentación da Sesión, Carlos González, Responsable de Desenvolmento de Negocio en Galicia, BULL
· 11:15 bullion: Infraestructuras optimizadas para a Virtualización de Contornos Críticos, Rafael Amorós, Director de Servidores, BULL
· 11:45 Red Hat Enterprise Virtualizacion: Beneficios e Vantaxes diferenciais na Virtualización de Aplicacións Críticas de Negocio, Tomas von Veschler, Solution Architect, Red Hat
· 12:15 Demostración de bullion, Rafael Amorós, Director de Servidores, BULL
A asistencia á sesión é de balde, condicionada ao aforo do local e previa inscrición en liña a través do portal web do Centro Demostrador TIC.
Bull amosará no Centro Demostrador TIC de Santiago o potencial da súa tecnoloxía de virtualización
Compartir Este Artigo
