A Asociación Española contra o Cancro vén de presentar un xogo de smartphone para aprender ás nenas e nenos a protexerse contra as doenzas da pel. A achega, que vén en tódalas linguas oficiais do Estado (galego, castelán, catalán e éuscaro), coñécese co nome de Superprotector e é unha aplicación para teléfonos de última xeración, dispoñible para ser descargada de balde a través da App Store de Apple e de Google Play.
O xogo, informa a asociación, está dirixido a nenas e nenos de entre 10 e 13 anos, ofrecéndolles unha serie de desafíos e retos, todos eles cun obxectivo divulgador ben claro: amosarlles o perigo de tomar o sol entre as 12.00 e as 16.00 horas, e máis a necesidade de protexerse con cremas protectoras eficaces e con prendas. “Os nenos”, informa a asociación, “poderán colaborar con outros amigos nun xogo sinxelo e doado de entender; ademais os pais terán un papel importante, xa que serán os que prescriban a aplicación aos seus fillos, e poderán xogar con eles”. Segundo advirte a asociación dende A Coruña, en España unas 710 persoas falecen ao ano por esta doenza, das que unhas corenta son galegas.
A Asociación contra o Cancro presenta un xogo en galego para amosar os riscos de expoñérmonos ao sol
Compartir Este Artigo
