Nominalia, empresa española de xestión de dominios, rexistradora acreditada pola ICANN, vén de pór en marcha unha escola en liña de comercio electrónico. A Nominalia Online School, así se fai chamar, achegará seminarios de balde, abertos a clientes e todo tipo de profesionais, sobre o eido da actividade comercial nas nosas canles e os xeitos de tirarlles o mellor partido dende o punto de vista do medre dunha empresa.
“É a nosa aposta polo pequeno e mediano empresario”, sinala Nominalia, que concibe esta academia en liña como unha aula de formación continua onde prevalece a seguinte mensaxe: a confianza nas posibilidades do comercio electrónico e a arela de acadar que “todo aquel que aínda non sabe en que pode axudar este mundo á súa empresa, poida ter acceso doado a estas ferramentas, coñecelas e descubrir como saír gañando co seu uso”. As sesións formativas desenvolveranse a través de seminarios repartidos en tres categorías: Negocio en liña, Especial clientes e Produtos. As actividades están abertas a toda a comunidade internauta. A primeira levarase a cabo este xoves 28 de xuño, de 16 a 16 horas, e xirará arredor dos recursos que temos ao noso alcance para elixir o dominio que mellor lle acae ao noso negocio. As inscricións poden facerse xa na Rede.
Nominalia pon en marcha unha academia en liña con actividades de balde sobre e-commerce
Compartir Este Artigo
