A aplicación Cita SERGAS está dispoñible tanto para iPhone como para iPadNo mes de abril demos conta de SergasApp, unha aplicación para móbiles Android desenvolvida por Manuel Rego Casasnovas que facilita a solicitude e xestión de citas no Servizo Galego de Saúde, e nas últimas horas apareceu unha ferramenta semellante chamada Cita SERGAS, dispoñible tanto para iPhone como para iPad, e que permite introducir varias tarxetas sanitarias para poder solicitar cita para consulta ou receita dun xeito áxil dende dispositivos móbiles, así como consultar, modificar e eliminar as consultas pendentes, converténdose solución moi axeitada para uso familiar, por evitar o tedio de ter que teclear os moitos números que identifican unha tarxeta sanitaria cada vez que desexamos realizar unha operación na páxina web do SERGAS. Esta aplicación foi desenvolvida polo enxeñeiro técnico en Informática (e estudante de Enxeñaría Informática) Jacobo Rodríguez Pérez, que baixo a súa marca tBear Software leva un par de anos desenvolvendo aplicacións para iOS como TV España con tBear Media Lite, TV, Videoclips y Radio con tBear Media, Live Sports, Web:TV Blusens Remote, Video&Music e Xtreamer Remote.