Os amantes da boa cociña que non gozan da sorte que temos os galegos e galegas de ter ao noso alcance os produtos máis frescos e da mellor calidade do mercado, xa non teñen escusa para deleitar os seus padais cos produtos do país que lle apetezan e cando lle apetezan, grazas a nova tenda en liña Micompragallega.com, que lles ofrece directamente nos seus fogares de toda España unha ampla variedade de produtos galegos de primeira calidade.
A web, creada polos vigueses Mercedes Inaraja e Nacho Berrocal, achega unha oferta inicial de máis de 70 variedades de carnes, pescados, mariscos, empanadas e conservas que non se adquiren de xeito doado nos supermercados de fóra, así como unha vintena de viños e licores típicos da nosa xeografía, que se poden solicitar comodamente por Internet e se reciben nun prazo máximo de 48 horas na dirección indicada.
Para maior tranquilidade dos clientes, o servizo dispón de transporte en frío, o que garante que os alimentos viaxen a unha temperatura de entre os 2 e 6 grados para que non se rompa a cadea de frío e os produtos cheguen nas mellores condicións ao seu destino.
Tamén ofrece un proceso de embalado que, segundo os seus responsables, “se efectúa de forma meticulosa, separando cada unha das categorías de produto que adquira o cliente en caixas de poliestireno expandido e cun sistema engadido de refrixerado especial para a conservación dos alimentos frescos”, engaden.
A filosofía da plataforma, que por certo é moi atractiva e funcional, é levar o mellor da terra galega directamente aos domicilios de toda España, a un prezo que segundo afirman é “de media un 25% máis barato que en calquera supermercado convencional”, o que a fai máis atractiva, se cabe.
Polo de agora, o servizo estréase con carnes, pescados, mariscos, empanadas, licores e conservas, pero nas vindeiras semanas irase ampliando o abano de produtos con novas categorías como sobremesas típicas galegas, embutidos, queixos, produtos da horta… que variarán dependendo da demanda dos clientes; e tamén intentará abrir as súas portas cara o exterior, chegando a mercados internacionais.
A web estréase cunha oferta de lanzamento de 5% de desconto nas compras realizadas ata o 30 de setembro. O pago pode realizarse na propia web, mediante tarxeta de crédito, transferencia bancaria ou Pai Pal; e os pedidos que superen os 120€ non teñen custes de envío.
Micompragallega.com, nova tenda en liña de produtos gastronómicos do país
Compartir Este Artigo

