
Para dar visibilidade a este problema a campaña Lucha contra las tarifas abusivas por usar el móvil desde el extranjero FACUA conta con actores coñecidos como Gorka Otxoa (Lobos de Arga, Pagafantas), Tristán Ulloa (Que se mueran los feos, Gran reserva) e Emma Ozores (Aquí no hay quien viva, Farmacia de guardia), que protagonizan unha serie de vídeos nos que denuncian os cobros esaxerados por conectarse á Rede dende o estranxeiro e a falta de información.
Dende FACUA lembran que o Real Decreto 424/2005 do 15 de abril polo que se aproba o regulamento sobre as condicións para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas, o servizo universal e a protección dos usuarios detállase que os contratos deben informar dos “prezos e outras condicións económicas dos servizos” incluíndo “os datos relativos aos prezos e tarifas que se aplican” o que parecen estar a obviar as compañías de telefonía móbil.
Un dos anuncios da nova campaña de FACUA
FACUA estrea unha campaña contra os abusos das tarifas móbiles dende fóra da U.E.
Compartir Este Artigo
