O vindeiro 16 de outubro as operadoras españolas de telefonía móbil deberán facer efectiva a súa rebaixa de prezos de terminación segundo determinou a Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) que supón un descenso deste concepto en máis do 44% de media. A rebaixa terá 3 anos para completarse, pero deberá comezar na data marcada aínda que non se coñece en qué medida repercutirá nas tarifas que pagan os clientes das operadoras (e, especialmente os usuarios que chamen de fixo a móbil).
A baixada dos prezos repartirase en 6 tramos, e o primeiro, que comezaría o día 16, suporá unha baixada do 6,9% por parte de Telefónica, o 7,04% no caso de Vodafone e 7,76% en Amena.
Os prezos de terminación de chamadas a móbiles baixarán o vindeiro día 16
Compartir Este Artigo

