Jazztel, compañía presidida por Leopoldo Fernández Pujals, perdeu forza no mercado da telefonía fixa (xa que actualmente centra o seu negocio no acceso á Internet) e a CMT xa non a considera como unha das 5 primeiras operadoras de telefonía fixa, postos ocupados agora por Telefónica, Ono, France Télécom, Tele2 e Euskaltel.
Esta nova podería ser especialmente negativa para a compañía, xa que está á espera da sentenza dun xuízo no que Ya.com pide a retirada de Jazztel do mercado residencial, o que lle restaría boa parte do seu negocio de ADSL e deixaría á empresa nunha situación sumamente precaria.
Jazztel perde pulo no mercado da telefonía fixa
Compartir Este Artigo

