Máis compatiblidade entre ferramentas tecnolóxicas na administración e, tamén, evitar na medida do posible que se invista en desenvolvementos que xa están feitos ou que son caros de máis para algunhas entidades públicas. Esa é unha das grandes finalidades do portal que vai crear a Comisión Europea para institucións do seu eido, co fin de que poidan ter acceso ferramentas de código aberto e, ademais, intercambiar coñecementos sobre elas.
Vémolo na web de Agnix, onde se dá conta do nome que terá o devandito sitio, un deses nomes que veñen claros coma a auga: Almacén e Observatorio de Código Aberto (OSOR, polas súas siglas en inglés), e vai ser posto e marcha e xestionado por un consorcio dirixido por Unisys.
O OSOR, polo que conta Agnix, terá un papel importante poñendo o tilde sobre aquilo que é, a fin de contas, unha das razóns de ser do software libre: a vontade de compartir e intercambiar coñecemento. No plano teórico, o devandito portal vai ser desenvolvido para ser a ferramenta de cooperación favorita no que se refire a un uso común e normalizado do open source entre os Estados membros. Prevese que estará operativo en 2007.
A Comisión Europea creará un portal para que as institucións dos Estados membros adquiran, acheguen e intercambien software libre
Compartir Este Artigo

