A Asociación de Provedores de Sistemas de Rede, Internet e Telecomunicacións (@asLAN) organiza o vindeiro mércores 25 de outubro o Foro Tecnolóxico @asLAN no Hotel Hesperia Fisterra da Coruña.
A xuntanza, que contará coa presenza da directora xeral de Sociedade da Información, Elena Veiguela, será de especial interese para as empresas, con cuestións a desenvolver como a seguridade en redes, a converxencia das transmisións de voz nas redes e a mobilidade.
Ó longo da xuntanza, Elena Veiguela aproveitará para achegar a súa visión particular sobre o nivel de penetración das novas tecnoloxías na sociedade galega e, máis polo miúdo, no seu tecido empresarial. As actividades darán comezo a partir das 9.00 horas, e podemos ver a axenda completa da xornada na súa web.
O colectivo @asLAN organiza o mércores 25 na Coruña unha xornada sobre seguridade e mobilidade para as empresas
Compartir Este Artigo

