A SGAE
publicou os seus últimos datos sobre as descargar ilegais de música a través da
Internet, de xeito que en
2006 chegarían ós 550 millóns (fronte ós 500 do pasado ano, os 270 de 2004
e os 170 de 2003) polo que continúa a tónica crecente desta práctica.
Manuel de Benito, responsable da Oficina Antipiratería da SGAE non dubidou en
culpar ás descargas na Rede do peche da cadea de videoclubs Blockbuster ou de
numerosas tendas de discos, engadindo que as descargas ilegais son “un desincentivo para a creación” aínda
que tamén recoñeceu que a “Internet é un
entorno fantástico para a difusión de contidos culturais”.
As descargas ilegais de música increméntanse un 10% en España durante 2006
Compartir Este Artigo

