A Comisión
do Mercado das Telecomunicacións (CMT) aprobou este xoves a redución dos custos
maioristas do acceso indirecto do ADSL de Telefónica co que se pretende que se
produza unha rebaixa nos prezos que pagan os usuarios polo seu servizo de
acceso á Rede.
As tarifas que cobrará Telefónica ás operadores que subministran servizos de
conexión á Internet a través da súa rede ADSL baixarán entre un 22 e un
61% (dependendo da velocidade contratada), aínda que esta redución non se
trasladará directamente ás tarifas, xa que cada operador pode decidir as súas
marxes de beneficios, así como as velocidades ofertadas, de xeito que se estima
que haxa unha combinación de baixadas de prezo e incremento de velocidade para
que os operadores que ofrecen servizos sen rede propia (ou en zonas onde non
contan con bucles segregados) poidan competir coas actuais tarifas do operador
dominante.
A CMT baixa os prezos do acceso indirecto do ADSL de Telefónica
Compartir Este Artigo

