As buscas
locais están a potenciarse constantemente na Rede de cara á toma de posicións
para un futuro no que poderían ser os servizos máis importantes na Internet,
polo que tódolos grandes portais están a apostar polos sistemas de mapas que
serían unha peza chave de cara á localización tanto do usuario como dos
servizos no mundo real que desexe localizar.
Nesta liña, Google vén de mercar a compañía suíza Endoxon, de xeito que mellorará
os seus mapas europeos tanto para Google Maps como para Google Earth,
corrixindo así unha das principais debilidades destes sistemas, que amosan
moita información dos EE.UU. pero parecen ignorar ó resto do mundo.
Google mellorará os seus mapas europeos
Compartir Este Artigo

