A partir do vindeiro 1 de xaneiro do 2007, a web do DOG permitirá realizar
buscas nos títulos de tódolos exemplares atrasados publicados dende 1995, tanto
en galego como en castelán, sen que teñamos que recorrer á edición impresa para
ver as disposicións contidas no interior.
Cómpre dicir que ata o de agora só se podía acceder por completo ó contido dos números publicados nos últimos
trinta días, xa que as publicacións anteriores non incluían os contidos das
súas disposicións e para consultalas había que botar man do papel. Agora, coa
chegada do novo ano, o Diario Oficial de Galicia poderá consultarse en liña
facilitando, deste xeito, o labor cotiá de moita xente.
O DOGA poderá consultarse en liña a partires do aninovo
Compartir Este Artigo

