Durante estes dias uns
documentos clasificados polo FBI relativos á posible ameaza para os EE.UU. que
podería supor o cantante John Lennon divulgáronse a través da Internet
despois de estar preto de 3 décadas en secreto.
Os documentos publicáronse nunha web
oficial para tal efecto, despois de que o académico e historiador Jon
Wiener e varios grupos defensores dos dereitos humanos emprendesen unha longa
batalla xudicial para a publicación dos textos que aseguraban que Lennon non era
perigoso (e os datos que se relevan agora xa eran bastante coñecidos polos
seguidores do excompoñente dos Beatles).
O FBI publica na Rede documentos clasificados sobre John Lennon
Compartir Este Artigo

