A Fundación Intervida vén de asinar un acordo con Google Mobile mediante o cal este último se compromete a anunciar o número de teléfono do servizo de apadriñamento de nenos da dita institución cada vez que os seus usuarios se conecten á Rede dende o móbil e fagan unha busca relacionada coa mesma. Asemade, e se o cliente o desexa, o número da Fundación pode marcarse tan só premento nunha ligazón que pon ó usuario en contacto directo coa centraliñaa de apadriñamentos.
Este servizo, válido para tódolos operadores telefónicos, é outra das apostas de Intervida polas novas tecnoloxías para dar a coñecer o seu labor e facer chamamentos solidarios á sociedade.
Intervida e Google Mobile colaboran por unha causa solidaria
Compartir Este Artigo

