A empresa galega de tecnoloxía (pioneira en televisión móbil) LambdaStream (ou “a moza tecnolóxica de Galicia”, como a denominan xa algúns medios) está a negociar con investidores privados e con fondos de capital risco co fin de reforzar o seu accionariado e inxectar máis capital na compañía, dentro dun plan de espallamento internacional que a empresa pretende pechar antes do verán.
Co obxectivo de converterse nun dos provedores líderes dos portais de televisión por Internet, LambdaStream, que xa conta no seu haber con tres canles deste tipo, ten previsto abrir oficinas en Madrid, Rusia, Singapur e Oriente Próximo, así como lanzar outros servizos ó longo deste ano.
LambdaStream quere ser líder en televisión por Internet
Compartir Este Artigo

