O concurso de declaracións de amor en galego a través do correo electrónico, Lingua de Amor, promovido polo Consello da Xuventude de Galicia, vén xa de botar a andar e dende onte, os participantes poden deixar as súas mensaxes na web do CXG para optar a un dos tres premios que se ofrecen.
Este evento, do que xa falamos en días pasados, enmárcase dentro do programa de normalización e dinamización lingüística do CXG e pretende interrelacionar a nosa lingua coas novas tecnoloxías acadando novos ámbitos de emprego ó coincidir o Día das Letras Galegas co Día Internacional da Internet, o vindeiro 17 de maio.
Bota a andar o concurso do CXG Lingua de amor
Compartir Este Artigo

