A Aula de Cámara do Conservatorio Superior de Música de A Coruña, vén de abrir un espazo en Internet (dende o sitio do Proxecto Innova, da Universidade de Salamanca) no que dará a coñecer tódolos espazos que esta institución ten na Rede. Nesta web, entre outras cousas, pódense obter datos sobre as actividades xeradas pola devandita aula, consultar informacións de interese no ámbito da música, ler opinións e estudos sobre obras camerísticas ou escoitar gravacións de concertos e audicións.
Grazas ás ferramentas das que dispón este proxecto, pretendese impulsar a acción que a Aula ten no seu entorno máis próximo, así como darlle cabida a unha meirande participación dos distintos axentes educativos.
O Proxecto Innova acolle o sitio web da Aula de Cámara do Conservatorio da Coruña
Compartir Este Artigo

