Segundo os datos da última vaga da Enquisa Xeral de Medios, que elabora a Asociación para a Investigación de Comunicación (AIMC), correspondente ós meses de febreiro e marzo de 2007, elpais.com é o medio de información xeral de Internet máis lido en España, con 1.590.000 usuarios únicos cada mes.
A audiencia deste medio incrementouse nun 4,2 por cento dende o pasado ano, o que se traduce en 64.000 internautas máis que visitan a páxina decote. Elpais.com sitúase así no cuarto posto dos medios máis lidos do Estado, xusto por detrás de Yahoo!, Terra e Marca.
Elpais.com, o medio en liña de información xeral máis lido de España
Compartir Este Artigo

