De acordo cunha análise de mercado levada a cabo pola empresa Santa Clara Consulting Group en relación ás ventas de soportes ópticos para almacenamento, un de cada tres DVD virxes e un de cada catro CD-Rs vendidos en Europa no 2006 foron producidos por Verbatim, unha empresa que non fixo máis que afianzar a súa posición neste mercado emerxente e que agora vén pisando forte no sector dos produtos non ópticos, tendo como principal obxectivo o mercado de tecnoloxías flash.
No tocante ás novas unidades de almacenamento óptico (Blu-Ray e HD DVD), as estimacións de Verbatim son que “non se incrementará a súa demanda ata o vindeiro ano, cando o hardware teña causado máis impacto no mercado”.
Un de cada catro CD-Rs vendidos en Europa é Verbatim
Compartir Este Artigo

