
As alumnas e alumnos son profesionais do sector das axencias de viaxes de toda a Comunidade que queren tirar o máximo proveito das canles dixitais como vehículo de vendas e relación cos clientes. Os asistentes ao curso terán que desenvolver 50 horas presenciais en datas alternas, facer 30 horas on-line (titorías), amais de presentar un proxecto onde elaborarán un plan de negocio para unha axencia de viaxes, un produto ou un servizo. Trataranse temas como a información sobre redes sociais, a visibilidade en Internet, o plan de comunicación, o plan de vendas ou a rendibilidade.
Asemade, a Escola de Organización Industrial tamén comezará a impartir mañá e pasado (días 7 e 8 de novembro) un curso sobre redes sociais e marketing on-line no sector do aloxamento. As aulas comezarán o día 21 de novembro continuando o 22, 28 e 29 do mesmo mes- e están encamiñadas a alumnos, empresarios ou profesionais de empresas turísticas co gallo de ampliar os seus coñecementos sobre o uso das redes sociais para a promoción e comercialización de servizos de aloxamento.
Comeza en Santiago un curso para aprendermos a rendibilizar axencias de viaxes en liña
Compartir Este Artigo
