O medo á radiación producida polos terminais de
telefonía móbil, dos que existen estudos que alertan da posible ameaza para a
fertilidade masculina de terse este tipo de dispositivos preto dos testículos ,
levou
a unha firma suíza a anunciar un novo modelo de calzóns que afirman que escudan
deste tipo de radiación.
Isabodywear fabricou xa 4.000 unidades
(dos que 500 se entregarán de balde ás persoas que o soliciten por correo
electrónico) e agardan vendelos a 29,90 francos suízos (uns 18 euros).
Anuncian uns calzóns para protexer o esperma da radiación dos móbiles
Compartir Este Artigo

